RÍOS ARNOIA Y OURILLE
Los pescadores instan a mejorar el coto de Celanova
Alumnado de terceiro da ESO do colexio Guillelme Brown de Ourense participaba onte nunha das derradeiras conferencias como zapateiro en activo de Luis Vázquez. “Lili”, como todos lle coñecen en Vilanova dos Infantes, amosoulles o proceso de elaboración das chocas, zapatos e botas, así como as palabras que utilizaban antigamente os artesáns.
Unha explicación que seguiron con atención os rapaces, que están levando a cabo un traballo de investigación, no marco do plan Proxecta+, sobre os oficios tradicionais galegos e o seu léxico perdido. “O obxectivo é recompilar as palabras galegas relacionadas cos distintos oficios da provincia que se perderon, neste caso dos zapateiros”, resumían as alumnas Uxia Loureiro e Alexia Moreno na visita a Vilanova, na que puideron coñecer as diferencias entre zocas e botas, como facían o ‘empalmillado’ (cosido) a man, ou que ás tenazas os zapateiros de Vilanova lles chamaban ‘a turquesa’ e que o ‘sacabocados’ servía para facer os buracos.
O proxecto, no cal están a participar todos os alumnos da ESO, persigue “recopilar palabras tradicionais do galego e do portugués para que non se perdan e que despois publicaremos nun libro e, tal e como recolle o propio proxecto, remitiremos para a súa inclusión no dicionario da Real Academia Galega”, relataba a profesora Raquel Álvarez, quen engadía que “coas coas visitas, esta en Vilanova coa Fundación Curros Enríquez ou outra que faremos a Niñodaguia en relación coa alfarería, intentamos que aprendan léxico que se vai perdendo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RÍOS ARNOIA Y OURILLE
Los pescadores instan a mejorar el coto de Celanova
FESTIVAL CELTA EN GRAN BRETAÑA
A Bretaña disfrutou ao son de Lembranza Solpor
NOVAS XENERACIÓNS PP
Miguel Ángel Blanco, un “exemplo para os mozos”
Lo último
Manuel Baltar
Recetar termalismo
EMBAJADORA EMPRENDEDORES
Los innovadores caminaron por la Vía da Prata de Allariz
26, 27 y 28 DE JUNIO
Este verano, ojo al dato con el Basket Data Summit 2026 en Ourense