CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
As bodas de prata do primeiro expediente xudicial feito integramente en galego, nuna experiencia piloto liderada dende o Xulgado de Celanova co apoio do hoxe extinto servizo de traducción da Audiencia provincial, foi o marco no cal se desenvolveu onte a chamada "Declaración de Celanova". Un documento promovido pola Irmandade Xurídica Galega para comprometer ás administracións locais a usar o galego no eido xudicial.
Antonio Puga, daquelas xuíz e hoxe rexedor celanovense, e Anselmo Menéndez (secretario), foron dous dos protagonistas que lideraron aquela experiencia piloto que "non me consta que houbera outra despois", apuntaba Puga 25 anos despois, lembrando aquela separación matrimonial de mutuo acordo, "seguro que a lingua tivo algo que ver", chanceaba Menéndez tras o descubrimento da placa colocada a primeira hora no interior do xulgado.
Tras o acto no edificio da Praza das Pitas, a comitiva composta por políticos ourensáns e xuristas da bisbarra de Celanova, trasladouse ao interior do mosteiro para asistir a unha sesión emotiva e reivindicativa onde non faltaron os versos de Curros Enríquez, Celso Emilio o Rosalía de Castro, na voz de María do Ceo.
Herdanza inmaterial
Un total de 39 rexedores e rexedoras ourensáns, ou na súa ausencia os edís correspondentes, aguantaron o sol que pasado o mediodía golpeou sobre o xardín do claustro para firmar un documento no cal comprometéronse a que os seus actos xurídicos, ben sexa nos xulgados como na notaría, se leven a cabo integramente en galego. " Os documentos que tramitedes agora son os tombos do futuro", dixo Ana Mosquera, xurídica da Irmandade, facendo referencia a gran herdanza inmaterial que deixaron os monxes celanovenses cos seus escritos, en galego, sobre a vida cotiá dende tempos do seu fundador.
Tanto o presidente da entidade promotora, Xoaquín Monteagudo, como Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, reivindicaron a necesidade de garantir a fluidez do galego dentro dos xulgados. "Os concellos xogaron un papel esencial o século pasado na normalización do galego. Sodes un exemplo para moita xente e, si vós usades o galego tamén na xustiza, farédesnos sentirnos máis seguros e arroupados aos demais", dixo Monteagudo.
No acto tamén participou o letrado celanovense Alfonso Grande, quen predica co exemplo, e que pediu a rexedores e compañeiros un paso máis. "O que pasou aquí fai 25 anos foi un fito, pero hoxe debe de ser unha normalidade, debémosllo a nosa cultura, a nosa xente, a nosos devanceiros", dixo. Dende a Irmandade Xurídica Galega, composta por 300 profesionais, subliñaban que o número de resolucións xudiciais en galego non supera o 5%.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
EXPOSITORES Y GASTRONOMÍA
Motos, lentejas y callos animarán Celanova este puente festivo
6 MILLÓNS DE INVESTIMENTO
As expropiacións para ampliar os carrís da OU-540, na primavera de 2026
Lo último