2 millóns, impacto na comarca de Monterrei dos novos proxectos do programa Leader
Grazas ao programa Leader, que destinou 664.000 euros a 26 proxectos na comarca, xestionados polo GDR Monteval, o impacto económico será de 2 millóns
O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR-9) Monteval, conformado por tódolos concellos da comarca de Monterrei máis A Gudiña e A Mezquita, vén de anunciar o resultado da nova convocatoria de axudas do programa Leader da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), do que Monteval xestionou a maior cantidade dos 24 GDR de toda Galicia, 664.000 euros.
Finalmente pechou cun total de 26 proxectos favorables, por valor de preto de 2 millóns de investimento no rural comarcal, sumando os orzamentos presentados e as achegas recibidas.
Nove foron produtivos (de carácter privado), con axudas dende os 100.000 (43% do total) ata os 55.000 euros (32%), e grazas aos que se manterán 37 empregos e crearanse entre 5 e 6 novos.
Entre tódolos proxectos destaca a creación dun restaurante de Km. 0 e ecolóxico, a adaptación dun local para realizar quiromasaxes ou a construción dun campamento turístico para autocaravanas.
Por outra banda, os Concellos participantes investirán 261.000 euros en proxectos de acondicionamento de infraestruturas públicas, reformas de de parques e adquisición de diversos equipamentos, grazas a achegas de entre o 82,5% e o 52% dos orzamentos presentados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
SENDA 0011
Frenar no es parar
A POR LOS 3 PUNTOS
El Arenteiro, a estrenarse ante el Lalín
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XLVII)
Galería | El hombre que salvó una colección de fotos de guerra
Victoria Lafora
Cincuenta días después