MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
Verín
Corenta e catro alumnos e alumnas de seis colexios e institutos da comarca de Verín son os finalistas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, iniciativas que promove o Concello de Verín con motivo do Día das Letras Galegas. Os certames contan, un ano máis, coa colaboración da compañía de alimentación Gadis.
Na Biblioteca Municipal, pola súa banda, están previstas para os días 11 e 16 de maio dúas actividades dedicadas a escritora e profesora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica o día das Letras Galegas 2018.
Na gala, que se celebrará o vindeiro día 17 de maio, ás 19,00 horas, no Auditorio Municipal de Verín, recitaranse os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e leranse os traballos que gañaron o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. O ámbito musical da gala corre a cargo este ano da Banda do Conservatorio de Música de Verín.
Centros participantes
Os centros participantes este ano no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez foron na modalidade de 5º e 6º de Primaria o CEIP Amaro Refojo, o CEIP Princesa de España e o Colexio Plurilingüe María Inmaculada.
O IES Castro de Baronceli, o IES Xesús Taboada Chivite, o Colexio Plurilingüe María Inmaculada e o Colexio Apostólico Mercedario participaron nas modalidades de 1º e 2º e na de 3º e 4º de ESO.
Na fase de selección de centros, cada un dos colexios e institutos participantes escolleu, en cada un dos dous certames, un máximo de tres traballos en cada un dos tres niveis (Primaria e 1º e 2º de ESO). O Día das Letras Galegas faranse públicos os resultados da selección final e todos os autores que foron seleccionados nos centros respectivos recibiran un lote de libros e un diploma acreditativo.
Ademais, en cada un dos tres niveis, o traballo seleccionado como primeiro premio obterá 90 euros; o segundo, 60; e o terceiro, 30 euros. O Xurado Cualificador estará composto por membros con dereito a voz e voto, que proporá a Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización.
Á fase final do Certame de Relato Curto pasaron un total de 22 narracións, 3 en Primaria, 11 en 1º e 2º de ESO, e 8 en 3º e 4º de ESO. Finalistas do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro foron tamén 22 creacións en verso, 5 de Primaria, 10 de 1º e 2º de ESO, e 7 en 3º e 4º de ESO.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
Crisis en EEUU
Trump retira 700 agentes antiinmigración de Minnesota
CASO DE PRESUNTO ABUSO
Elisa Mouliaá se retira del caso Errejón: “Nadie debería cargar sola con algo así”