REFUERZA SU PRESENCIA
Mallorca, nuevo escaparate para los vinos de 22 bodegas de la D.O. Monterrei
SISTEMA SOSTIBLE
O Concello de Verín recibu unha subvención de 663.994,76 euros concedida pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no marco do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local.
O grupo de goberno destinará esta achega a financiar o 50% do proxecto de mellora da liña de auga e da eficiencia enerxética da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) verinesa, cun investimento total de 1.327.989,52 euros.
Segundo o alcalde, Gerardo Seoane, este proxecto dá resposta a necesidades críticas detectadas no sistema de saneamento e depuración de augas residuais. Actualmente a EDAR opera por riba da súa capacidade, tratando 540 m3/h, cando o seu límite óptimo é de 340 m3/h.
Ademais, as infiltracións na rede de saneamento dilúen as augas residuais, dificultando o proceso de depuración. A mellora proposta permitirá aumentar a capacidade de tratamento ata os 600 m3/h, garantindo un funcionamento eficiente e sostible.
Máis alá da modernización da infraestrutura tras 30 anos en funcionamento, o investimento suporá un aforro anual de 150.000 euros para o Concello, pois o custo por verquidos reducirase ao pasar de 200.000 a 50.000 euros.
Fontes municipais aseguran que o proxecto tamén beneficiará a sectores clave da economía da comarca, como as embotelladoras de auga mineral e as adegas da DO Monterrei, alén de protexer a biodiversidade do río Támega e reforzar o compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REFUERZA SU PRESENCIA
Mallorca, nuevo escaparate para los vinos de 22 bodegas de la D.O. Monterrei
SALÓN INTERNACIONAL
La feria WineMad recibirá a 17 bodegas de la D.O. Monterrei
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
Lo último