ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
PLENO EXTRAORDINARIO
O máis salientable foi a aprobación por unanimidade da modificación da concesión de augas do río Támega, co fin de garantir o abastecemento de Vilamaior e A Rasela, debido á “necesidade de asegurar o subministro a tódolos núcleos rurais e que formen parte dunha mesma concesión” a requerimento da Confederación Hidrográfico do Douro.
Tamén saiu adiante, pero cos votos en contra do PP, unha modificación de créditos por importe de 158.000 euros. Esta cantidade, xa recollida nos orzamentos, correspondía ao canon de augas de Xunta, polo que ao tratarse dunha “cuestión extraorzamentaria que non debe estar recollida”, segundo afirmou o alcalde en funcións, Diego Lourenzo, o bipartito PSOE-BNG aproveita para dotar a partida de actividades culturais.
A voceira do PP, Lara Da Silva, motivou o voto en contra porque na súa opinión, esa cantidade debía destinarse ao “pago a acreedores e proveedores”.
Por último, o pleno aprobou, coa abstención do PP, unha modificación da base de subvencións xerais e nominativas para o ano 2024 debido “á prórroga do orzamento do 2023, e que debemos realizar para podelas manter”, segundo indicou Lourenzo.
O pleno estivo marcado polas ausencias, nomeadamente do alcalde, Gerardo Seoane, que delegou no tenente de alcalde, así como dun concelleiro do PSdeG-PSOE e un do único grupo da oposición, o Partido Popular.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último