REFUERZA SU PRESENCIA
Mallorca, nuevo escaparate para los vinos de 22 bodegas de la D.O. Monterrei
COMERCIO DE PROXIMIDADE
O Concello de Verín pechou unha nova edición da súa Feira de Nadal e realizou un balance “excelente” da de 2024, en base aos resultados das enquisas que realizou entre os expositores participantes, e segundo as cales o 96% dos mesmos (30 de 31) amosaron o seu interese en participar na Feira de Nadal 2025. Ademais un 80% afirmou querer participar na Feira do Lázaro do vindeiro ano.
Algúns dos factores polos que preguntaron, tales como a localización, a limpeza e a organización xeral, acadaron valoracións sobresaíntes.
O concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lourenzo, destacou que “os datos reflicten que seguimos nunha mellora continua. É especialmente satisfactorio ver un aumento tan significativo nas vendas”.
O último día da Feira tamén se fixo entrega do premio ao mellor expositor, que recaeu en “La luna de los sueños”, de Yolanda Hernández Marco e Beatriz Cándido Carrasco.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REFUERZA SU PRESENCIA
Mallorca, nuevo escaparate para los vinos de 22 bodegas de la D.O. Monterrei
SALÓN INTERNACIONAL
La feria WineMad recibirá a 17 bodegas de la D.O. Monterrei
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos