A comarca de Monterrei acolle un proxecto terapéutico para os máis cativos
O nome da iniciativa é "Proxecto Respira II"
O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Municipios da comarca de Monterrei traballa na preparación do seu “Proxecto Respira II”, un programa de intervención terapéutica pensado para os nenos e nenas da comarca que están pasando por situacións complexas.
“Comezamos a organizar un dos nosos proxectos favoritos”, sinalan dende o CIM, que ofrecen a través desta iniciativa diversas actividades para que os máis cativos poidan desfrutar dun programa moi variado e completo. Entre as alternativas atópase un curso de hípica e coidado dos cabalos en familia, ademais de tratamento asistido con cabalos. Tamén se prevé realizar saídas á natureza, ioga ou mindfulness xunto con prácticas deportivas, concienciación de hábitos para a saúde e unha educación baseada na igualdade, axudando a impulsar a saúde e o benestar dos participantes.
Dende o Centro de Información á Muller informan de que “entregaremos unha bolsa a unha familia de cada un dos sete concellos que forman parte da Mancomunidade de Municipios” -Monterrei, Verín, Cualedro, Oímbra, Castrelo do Val, Laza e Vilardevós-, ofertando un total de 24 prazas, destinadas 10 deses postos para os adultos e as 14 restantes para nenos e nenas.
“Proxecto Respira II” desenvolverase entre os meses de agosto e setembro e serán o CIM, os servizos sociais e o Servizo de Atención Temperá (SAT) os que decidirán que familias participarán na iniciativa para este ano 2021.
Ademais, este conxunto de actividades, que veñen de dar a coñecer dende a Mancomunidade de Monterrei, está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 29 de marzo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 29 de marzo