Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
A Asociación de Empresarios de Verín (Aever) vén de presentar a súa nova plataforma de venda online: "Olázaro", a web na que os comerciantes venden os seus produtos nun escaparate único e creado exclusivamente por e para profesionais da comarca, que xa se atopa en funcionamento.
"Olázaro" trátase dunha plataforma de comercios, na que a clientela poderá mercar en diferentes comercios de Verín navegando por unha soa web, e nela xa se poden atopar máis de 400 produtos ofertados por comerciantes de Verín. "Ofrece un servizo moi demandado pola clientela do comercio local, que é poder mercar dende calquera sitio e recibir os pedidos axiña, enviados por unha empresa de transporte local", contan en Aever.
Dende a Asociación remarcan que "tal e como se pode ler na web, a plataforma non sustitúe ó comercio físico de toda a vida, pero si que ten unha intención de crecemento", xa que permite manter a clientela fiel que vén en tempadas altas ou durante todo o ano.
Os establecementos de Verín siguen uníndose á plataforma de comercio local,e Miguel Pérez, de Idixital, aniam ás persoas que aínda non se uniron por falta de tempo ou de coñecementos a que o fagan, xa que "a plataforma está deseñada para que o uso sexa sinxelo e accesible dende o punto de vista dos comercios", remarca Pérez.
Ademais, o apoio na aprendizaxe da plataforma é un dos compromisos que dende o principio adquiriu "Olázaro" para facer realidade o proxecto que potencian dende Aever.
Ademais, o nome elixido é homenaxe ás tradicionais festas do Lázaro onde se organizaban mercados, e aos creadores da web pareceulles unha bonita maneira de manter ese espírito do Lázaro "de antes" coas facilidades "de agora". Así, Aever -en colaboración con Idixital- decidiu recuperar este nome e todo o que representa para a nosa vila, recoñecendo en "Olázaro" unha oportunidade de crecemento do mercado local.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
Lo último
CAMPEÓN DEL MUNDO EN 2006
Pepu Hernández, exseleccionador español de baloncesto: “Grupo no es lo mismo que equipo”