MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
MONTERREI
Medio centenar de alumnos de quinto de primaria do Colexio Amaro Refojo de Verín quixo conmemorar o Día Internacional dos Bosques plantando 30 árbores de distintas especies autóctonas no Monte da Atalaia, próximo ao Castelo de Monterrei. Este entorno pertence ao distrito forestal XIV Verín-Viana e sufriu un incendio durante o 2016.
Os cativos, que estiveron acompañados pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; polo alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e do xefe territorial do Medio Rural, Yago Borrajo, plantaron carballos americanos, aciñeiras, capudres, pradairos, abeleiras e bidueiros. Asimesmo, tamén asistiron a unha charla didáctica sobre as consecuencias dos lumes e a restauración das zonas queimadas.
A delegada territorial trasladoulles aos escolares a necesidade de coidar o entorno natural e extremar as precaucións para preservalo dos danos causados polos lumes, e sensibilizounos sobre o inmenso valor que ten o monte, así como da importancia de apostar polo carácter produtivo e sostible dos recursos forestais.
Coincidindo con esta data, o departamento autonómico do Medio Rural organizou un amplo programa de actividades de difusión e de concienciación social en varios concellos, tendo aos escolares como principais protagonistas.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último