SALÓN INTERNACIONAL
La feria WineMad recibirá a 17 bodegas de la D.O. Monterrei
A Casa da Cultura de Verín acollerá este sábado, a partir das 10,30 horas, a sétima Asemblea Xeral de afiliados da Unión Local da CIG de Verín e A Limia. A sesión está motivada pola elección da nova Comisión Executiva e do novo secretario local desta Confederación, para os próximos catro anos.
Na cita falarán de diferentes asuntos de actualidade das comarcas, como o feito de que dende o ano 2018 “pecharon todas as empresas que xeraban algún emprego nas nosas comarcas, deixando a máis de 300 familias na rúa, sen traballo e sen posibilidades de obter outro emprego nestas zonas”, apuntan dende a CIG. “Con case 400 parados aquí é imposible abeirar expectativas de futuro, os nosos traballadores e xuventude teñen que coller o camiño da emigración”, engaden.
Máis alá da situación actual do emprego comarcal, o sindicato tratará en Asemblea os 32 anos que cumpre a CIG nestas comarcas, dende a súa constitución no ano 1990. “A CIG é a central sindical de maior afiliación das comarcas da Limia e Verín, con máis de 2.100 afiliados”, destacan orgullosos. “Isto é motivo para, ao rematar o traballo, celebrar, polo que haberá uns petiscos e viño de Monterrei trala reunión”, sinalan.
Así, baixo o lema “Traballo e vida digna para as nosas comarcas”, os afiliados votarán á candidatura que os representará durante os vindeiros anos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SALÓN INTERNACIONAL
La feria WineMad recibirá a 17 bodegas de la D.O. Monterrei
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
Lo último
RECORRIENDO OURENSE
Galería | El Rally Ourense de Clásicos y Antiguos celebra su XXX edición
MÁS DE 700 PARTICIPANTES
Galería | Coren celebra a sus empleados en la tercera edición de la Andaina Campeira
GASTRONOMÍA Y MÚSICA
Galería | Valdeorras disfruta con la XXVII Feira do Viño