INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
ENTREVISTA
Beatriz Comendador traballa nas investigacións arqueolóxicas de Penedo Gordo (Vilardevós) e Penedo do Gato (Lobarzán, entre Monterrei e Oímbra). Unha plataforma virtual permite visitar os dous sitios con pintura rupestre esquemática prehistórica, un proxecto desenvolvido por un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo. A través de http:// premedia.webs.uvigo.es/ poderá accederse á visita.
Que son as visitas virtuais ás pinturas rupestres da comarca de Monterrei?
Trátase dun contorno accesible en liña multiplataforma que integra tanto os recursos de carácter interpretativo xerados na propia documentación arqueolóxica dos sitios como os elementos novos xerados para a visita virtual. É unha experiencia innovadora no uso dun medio artístico para xerar imaxes e recrear escenas en movemento das que non existen arquivos previos.
Por que unha visita virtual?
Non é doado apreciar as pinturas a simple vista. Ao ser virtuais, tamén salvan as distancias ou as dificultades de acceso, ademais de que a visita virtual minimiza o impacto antrópico sobre os propios xacementos. Pensamos que será un recurso de utilidade.
Que conta a historia de ambos penedos?
Pois contan diferentes historias sobre comunidades humanas da prehistoria, pero en todo caso, falan sobre todo da circulación de ideas. No Penedo Gordo eliximos a historia lendaria da creación do penedo por unha moura, as pinturas sobre agricultura, dos camiños e do “estraperlo”, e a da batalla acontecida no 1809. No caso de Penedo do Gato, eliximos un momento na prehistoria e as de buscadores de tesouros na época moderna.
Por que a comarca ten tanto valor?
Actualmente só coñecemos catro sitios en Galicia con arte rupestre desta tradición ao aire libre, e dous están na comarca de Monterrei. Unha singularidade da comarca é que a ambos lados do val do Támega, as manifestacións de pintura están sobre distinto soporte rochoso. Esta comarca ten unha riqueza extraoridnaria, especialmente pola súa relación con eixos naturais de tránsito estratéxicos, e ten aspectos singulares, unha rexión pouco atendida pola investigación, que pode dar moitas sorpresas.
Que é o máis salientable das investigacións?
No Penedo Gordo estamos ante un xacemento excepcional, onde en relación directa coas paredes pintadas, aparecen indicios de ocupación. No Penedo do Gato/ Lobarzán foron recollidos materiais cerámicos e líticos, ademáis da intensa ocupación prehistórica das áreas da Ceada e O Castelo.
Canto tempo hai que traballan nestes achados?
A nosa traxectoria aquí ten xa máis dunha ducia de anos. Dende a Universidade de Vigo temos traballado en proxectos relacionados coa arte rupestre e entidades locais. O tema do contorno virtual foi realizado no marco dunhas axudas do Campus de Ourense INOU 2020, financiada pola UVigo e a Diputación de Ourense.
Cales serán os seguintes pasos?
Continuar cos traballos arqueolóxicos, falta moito por facer. A activación conxunta de diversos recursos endóxenos pode contribuír como unha posibilidade para a dinamización social e económica do territorio, é preciso integrar o apoio das administracións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último