ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
O secretario dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, achegouse na mañá deste xoves ás inmediacións do Hospital de Verín para amosar o seu apoio ao xefe do servizo de Xinecoloxía deste centro, Javier Castrillo, logo da polémica xurdida polo expediente iniciado contra o facultativo. Fíxoo acompañado de Rafael Rodríguez Villarino; o rexedor de Verín, Gerardo Seoane e outros membros da formación socialista en Monterrei. Tamén estivo presente o propio médico que, ao final do encontro, recibiu un aplauso por parte dos presentes. Gonzalo Caballero, quen denunciou un intento de represalia, manifestou en Verín que "Galicia precisa de máis médicos e médicas, máis xinecólogos e xinecólogas, máis enfermeiros e enfermeiras, e menos purgas e represalias". O líder dos socialistas de Galicia engadiu que "non podemos consentir un expediente político contra un profesional sanitario fundamental para a continuidade do servizo de Xinecoloxía do Hospital de Verín".
Pola súa banda, o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, manifestouse onte sobre esta cuestión e negou que existise una persecución política neste caso. "Aquí hai un erro. Non se trata de ningún expediente disciplinario. É uhna denuncia dunha pediatra sobre un xinecólogo por entender que foi tratada de maneira absolutamente inaceptable ante unha familia", remarcou Feijóo, quen advertiu que Sanidade estaría cometendo unha irregularidade se non tramitase esta denuncia. Os feitos da discordia remóntanse ao pasado 30 de novembre, por mor dun nacemento no hospital verinés e cando se produciron diferencias de criterio profesional á hora de trasladar ao neonato ao Hospital de Ourense: a pediatra en cuestión propuxo un traslado ao que Castrillo se negou por non ver motivos para elo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
FAMILIA
Espectáculo “A maxia que conta”
FESTA DO PULPO
Tapa de pulpo gigante de Carballiño 2026
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Fiesta Mexicana de Avión 2026
+DEPORTE
Zumba al aire libre en Allariz