Castrelo de Cima chega á 50 edición da súa queimada
Os veciños e o Concello de Riós traballan para que se declare como Festa de Interese Turístico de Galicia
Os veciños de Castrelo de Cima non falan doutra cousa: da celebración da 50 edición da súa tradicional queimada, enmarcada nas festas patronais. Este fin de semana, os veciños e visitantes encheron esta pequena aldea rural do concello de Riós de maxia, medo, espíritos, cores e moita tradición e sentimento.
Un espectáculo que non deixou a ninguén indiferente e co que se busca declarar este evento como Festa de Interese Turístico de Galicia, a través do Concello. A cita naceu hai medio século da man de dous veciños. “A festa estaba moi morta, viamos como a xente non o estaba a pasar ben e había moi poucas persoas, decidimos improvisar e organizar unha queimada para a noite, a cousa gustou e os anos seguintes continuamos organizándoo”, conta un veciño, orgulloso da traxectoria e fama que adquiriu a queimada.
Unha cita que naceu para facer desfrutar aos veciños de Castrelo de Cima e que hoxe busca converterse nun evento de atracción turística, no que os habitantes desta aldea rural son os anfitrións. Unha cita que cada ano supera ao anterior, en organización e número de participantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
BAJO MÍNIMOS
La ambición del COB viste bata blanca
SUCESO EN LA CIUDAD
Aparecen dos coches con las lunas fracturadas en el barrio de A Ponte