O Centro de Saúde de Castrelo do Val manterá a atención "completa e exclusiva"
Sergas
O grupo de goberno de Castrelo levará unha moción ao vindeiro pleno para pedir ao sergas o cambio da denominación do posto de médico "Castrelo-Verín"
Noa Presas, a deputada do BNG por Ourense no Parlamento, rexistrou iniciativas neste órgano sobre o coñecemento de que o "Sergas valora a posibilidade de reducir as horas de atención do centro de Saúde de Castrelo do Val e deixala presuntamente en 3 horas".
Ante esto, dende o Sergas aseguran que "o Centro de Saúde de Castrelo do Val oferta o seu horario completo de mañá habitual e non hai ningunha previsión de reducir o tempo de atención do seu facultativo".
Dende o BNG explican que "é a información que circula na localidade e demandamos da Xunta de Galiza que comprometa o mantemento do servizo e garantice que se vai manter a atención sen reducir horas ou días de asistencia", ante o acontecido, e Noa Presas recalca que "non imos consentir que se reduza a atención horaria en Castrelo, xa que ten unha alta taxa de poboación avellentada".
Pola súa parte, o Concello de Castrelo do Val, ante as declaracións da deputada nacionalista, quixo comprobar que é o que estaba acontecendo no seu municipio, percatándose así de que a oferta do concurso de traslados que afecta á atención primaria en varios concellos da provincia, incluía o posto do médico de Castrelo xunto con Verín.
"Realizadas as indagacións oportunas, sospeitouse que se trataba dun posto compartido que afectaría aos dereitos sanitarios da veciñanza de Castrelo ao reducir a atención no centro de saúde", explican dende a casa consistorial, pero Vicente Gómez, alcalde do municipio, púxose en contacto coa xerencia da área sanitaria de Ourense para solventar o problema.
Esta mesma mañá, Gómez recibiu a resposta por escrito na que se asegura que, a pesar da denominación do posto, este seguirá sendo de xornada completa e atención exclusiva no Centro de Saúde de Castrelo do Val.
Moción para o vindeiro pleno
O grupo de goberno de Castrelo do Val vai levar unha moción ao vindeiro pleno na que se solicita que a Consellería de Sanidade asegure, "mediante o cambio de denominación se fose posible", que o posto ofertado se limita exclusivamente á xornada completa do médico do centro en Castrelo.
Dende a casa consistorial aseguran que van a realizar todas as xestións que estean ao seu alcance para que "non se mingüe, de ningún xeito, a atención primaria que precisa un municipio que, ademais, acusa unha forte dispersión e avellentamento entre a súa poboación".
O rexedor municipal quixo destacar que "non se entenderían os criterios aplicados, xa que, se o posto pasase a ser compartido, suporía unha clara discriminación cara ao noso concello con respecto doutros", engadindo que "por iso levamos a moción, para que o Sergas retire a denominación na cal aparece Verín e evitar as sospeitas da veciñanza e asegurar a atención única".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
REFUERZA SU PRESENCIA
Mallorca, nuevo escaparate para los vinos de 22 bodegas de la D.O. Monterrei
Lo último
OPERACIÓN EMPRESARIAL BAJO LUPA
La empresa del novio de Ayuso facturó 4,4 millones a Quirón entre 2021 y 2023, según un informe de la UCO
RECOMENDACIONES PARA LOS VIAJEROS
Cambian los horarios de trenes en A Coruña desde el 11 de julio por las obras de la nueva estación
PRESIÓN EN VIVIENDA PROTEGIDA
Gráfico | La compraventa de viviendas cae un 1,8% en abril y suma cuatro meses de bajadas
IRREGULARIDADES CON FONDOS DE LA UE
Nueva investigación en el caso Begoña Gómez: el juez Peinado amplía la causa con dos posibles delitos