O CDR Portas Abertas levará a cabo 15 iniciativas sociais no rural de Ourense este 2026
DE INTERESE PÚBLICO
Este ano está previsto que Portas Abertas desenvolva diversos programas centrados fundamentalmente nas familias, maiores, migrantes e cativos da comarca de Monterrei
O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Portas Abertas, con sede en Verín e Vilardevós, dará ao longo deste ano continuidade ao seu labor tras un 2025 no que acadou a cifra de 1.556 persoas beneficiarias de tódalas idades.
A folla de ruta trazada pola organización busca seguir dinamizando o medio rural de Monterrei e dar resposta á diversidade de necesidades da veciñanza, grazas ao apoio da Consellería de Política Social e Igualdade e á solidariedade dos contribuíntes que marcan o “X solidario” na declaración da Renda.
Un dos piares fundamentais é a atención ás persoas maiores e ás súas familias. Destacan proxectos como Aldeas Activas, que loita contra a soidade con obradoiros de memoria e psicomotricidade nas aldeas, ou Vou Contigo, que asegura acompañamento para xestións sanitarias a persoas con dependencia que carecen de rede familiar.
Para as familias, Portas Abertas mantén a súa aposta por tres proxectos. Concilia Rural, que adapta as actividades ás necesidades concretas de cada territorio para facilitar a vida laboral e familiar; O Noso Espazo, centrado no lecer educativo, hábitos saudabéis e sensibilización de dereitos en colaboración directa con centros escolares e ANPAs, e Familia e Comunidade, un apoio integral para fogares en situación de vulnerabilidade.
Loitar o despoboamento
A entidade tamén buscará cos seus programas reforzar a cohesión social, seguirá facendo a perspectiva de xénero transversal a toda a organización, e tentará dar resposta a problemáticas emerxentes derivadas do despoboamento e o illamento xeográfico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
INVESTIGACIÓN POLICIAL
El juez reclama identificar al autor de las joyas de Zapatero
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión y dos accidentes ferroviarios que suman 114 muertos