Centos de persoas desfrutan coa gran troula de Entroido de Albarellos
ENTROIDO
Albarellos celebrou na noite de onte a antesala para o Entroido, á que se uniron os veciños de Monterrei e tamén de Verín
Un ano máis, e van seis, Albarellos vestiuse onte de gala para celebrar o seu xa tradicional “Pre-entroido”. Unha tarde-noite de celebración nesta parroquia da vila de Monterrei na que participaron varios centenares de persoas disfrazadas, unha antesala perfecta ao vindeiro mes de troula e que amosou o compromiso do tecido asociativo e social local.
Puntuais á cita, a veciñanza de Albarellos, así como doutros núcleos do concello e tamén de Verín, non se quixeron perder o desfile no que os “choqueiros” e os bombos do Trebón do Mildeu foron protagonistas, nun percorrido polas bares e rúas dende a praza Ángel Medeiros, centro neurálxico da festa.
No mesmo lugar celebrouse unha gran cea popular a base de porco ao espeto, que deu paso á agardada actuación musical dos Festicultores Troupe. De madrugada, DJ Moncho mantivo o ritmo para os máis entroideiros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
HASTA EL ÚLTIMO MINUTO
Galería | La UD Ourense y O Couto disfrutan de una sufrida victoria ante la Cultural Leonesa