FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
A vila lazana volveu vibrar o venres tras un ano de espera co son dos chocos e os bombos. Foi unha noite cunha grande participación, na que tampouco faltaron os fachóns, e na que por sorte a choiva non fixo acto de presenza. O que si voou foi a cinsa, que choveu sobre os participantes no folión dende as ventás das casas.
Máis dun centenar de chocos saíron dende o fondo da Cerdeiriña percorrendo as rúas de Laza continuando cara Souteliño, correndo cos seus cintos e as zamarras nas mans, nun anticipo do que está por vir. Acompañáronos no folión numerosos grupos de bombos que fixeron asimesmo retumbar as rúas ao seu paso.
Cada un acabou o folión como e onde puido: uns só chegaron ata A Picota, outros en cambio remataron en Souteliño e algúns en Cimadevila.
Con este pistoletazo de saída, Laza prepárase para dous Venres de Folións máis ata que o 27 de febreiro teña lugar o Xoves de Comadres.
Esta noite será o turno do Antroido de Matamá, que arranca co seu primeiro Sábado de Folión arredor das 22,00 horas. O folión partirá da Praza da Cruceiro, e contará coa participación dos Bombeiros de Vences (Monterrei).
Castro, pola súa banda, celebra tamén esta noite o inicio do seu Entroido coa Cea de Folión.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas