Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Centro de Información á Muller
O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Monterrei continúa a organizar actividades. A súa última proposta é unha iniciativa de dinamización deportiva para nenos, que deberán ir acompañados dun titor.
Son tres rutas de sendeirismo e "caza do tesouro" promocionadas por técinos deportivos da comarca e subvencionadas polos sete concellos que forman parte da Mancomunidade.
Este grupo de actividades comeza o domingo 13 de xuño ás 11:00 horas, coa "Caza do tesouro", a ruta da Casa do Escudo e o Castelo de Monterrei, que consistirá en buscar, mediante pistas, un cofre secreto, ademais de coñecer estes elementos do patrimonio.
A segunda actividade deste programa é a ruta "Paseo polo Támega", que se celebrará o 20 de xuño ás 11:00 horas, para rematar o ciclo de actividades o domingo 27 de xuño, á mesma hora, coa "Ruta das augas".
Dende o CIM informan de que cada actividade ten un máximo de 6 persoas que irán acompañadas dun dinamizador deportivo. Para participar, os interesados deberán inscribirse contactando co centro.
Ademais, dende este organismo da Mancomunidade explican que "neste conxunto de actividades se traballan diferentes competencias como o empoderamento a través do deporte, socializar, gañar tempo de calidade, descubrir a natureza, orientación espacial e descubrir o entorno da nosa comarca".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
Lo último
Atención LGTBIQ+
El área sanitaria de Ourense mejora su atención a la diversidad
Gonzalo Iglesias Sueiro
Días oscuros
PLAYAS MUNICIPALES
Viana y Vilariño ya tienen a punto sus zonas de baño