O comercio verinés repite gala de Nadal e abrirá o 5 de xaneiro
CAMPAÑA COMERCIAL LOCAL
A Asociación de Empresarios de Verín (Aever-CCU) presentou este mécores a campaña do comercio local para o Nadal
A Gala de Nadal volve un ano máis, ofrecendo aos verineses un espectáculo nas vacacións, e que se unirá á apertura de boa parte do comercio local o domingo 5 de xaneiro, antes de Reis.
Estas iniciativas únense á campaña, xa en marcha, “Os 6.000 de Verín”, que reparte 6.000 euros mediante 19 cheques ata o vindeiro 26 de decembro.
Só por comprar nos establecementos asociados a Aever-CCU farase entrega unha entrada aos clientes para acceder á Gala de Nadal, que terá lugar o mércores 2 de xaneiro, ás 17,30 horas, no pabillón de deportes.
Este evento para toda a familia estará conducido pola televisiva Isabel Risco, actriz galega coñecida pola súa presenza en programas como Land Rober.
A velada contará coas actuacións do Mago Teto, co espectáculo de acrobacias aéreas de Sue Moreno e co Cé Orquestra Panorama, un músico que toca á vez varios instrumentos. E pensando nos máis pequenos da casa, o Ratiño Pérez fará asimesmo acto de presenza.
Abrirán antes de reis
A meirande parte dos comercios de Verín abrirá o domingo 5 de xaneiro, na véspera do Día de Reis. Entre tódalas compras efectuadas ese día, sortearanse catro cheques asagallo de 50 euros para mercar no comercio local, para o que bastará con enviar os datos persoais e unha foto do tícket de compra a través do formulario na web de Aever ou dun código QR.
Todas estas iniciativas de Aever contan co cofinanciamento da Xunta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
INVERSIÓN EXTRANJERA
SAIC recibe su "primera autorización" para la instalación de su planta en Ferrol
ESTACIONES METEOROLÓGICAS
Ourense concentra las cinco temperaturas más bajas de Galicia: todas por debajo de cero grados