O Concello de Verín desbloquea orzamento para varias obras nun pleno extraordinario
MODIFICACIÓNS DE CRÉDITO
O Concello verinés aprobou dúas modificacións de crédito coas que disporá de máis de 900.000 euros para realizar diversas obras, e que están en máis dun 80% financiados por convenios xa asinados coa Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense
O salón de plenos de Verín foi escenario o luns á tarde dun pleno extraordinario. En primeiro lugar, aprobouse por unanimidade a solicitude da modificación das características da concesión do aproveitamento de augas superficiais do río Támega, necesaria para poder incorporar no abastacemento ao pobo de Vilamaior.
A continuación, votáronse dúas modificacións de créditos. A primeira saiu aprobada cos 6 votos a favor do PSdeG e os 5 do BNG, e 4 abstencións do PP, e correspondía aos gastos de renovación da frota de vehículos do Servizo de Parques e Xardíns, un total de 30.000 euros.
A segunda tratábase dunha variación orzamentaria para cubrir gastos urxentes que non é posible adiar ata o próximo curso fiscal, e saiu adiante cos 11 votos favorables dos membros do grupo de goberno, por 4 votos en contra do PP.
Este reaxuste fiscal desbloquea para o Concello verinés un importe total no orzamento de 932.249,10 euros, e que permitirá, entre outras obras, o asfaltado do acceso ao polígono de Pazos, a construcción dunha pasarela sobre o Támega, ou o asafaltado da estrada de Vences.
Finalmente, á conclusión da sesión, celebrouse outra extraordinaria para sortear os membros das mesas electorais para as eleccións europeas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
LA REVISTA
The Speedways, de Londres a Ourense
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes 18 de septiembre?