O conde de Monterrei “regresou” ao seu castelo nunha visita teatralizada
PATRIMONIO
A asociación cultural Platea Lúa actuou este sábado no Castelo de Monterrei despois de xa ter estado alí no pasado mes de xuño
Platea Lúa é un referente na nosa provincia na posta en valor do patrimonio mediante visitas teatralizadas a lugares de gran valor histórico, e desta vez recordaron os antigos dominios da vila de Monterrei.
En total a visita contou con 40 visitantes, que encheron rapidamente as prazas limitada dispoñibles. Os asistentes puideron descubrir parte da historia da vila condal a través dos actores e actrices de Platea Lúa.
Estes encarnaron ata cinco personaxes, co fin de amosar a visión das distintas clases sociais: os nobres, representados polos condes de Monterrei, un soldado encargado de defender a muralla da fortificación, é tamén un servo e unha criada á orde dos condes.
Esta actividade cultural, que se está a realizar en monumentos históricos de vilas por todo Ourense, forma parte do programa “Pedra, historia e teatro”, desenvolvido grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Turismo, e coa colaboración do Concello de Monterrei.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último