Cortes en rúas de Verín pola rodaxe dun filme sobre o Entroido local
CINEMA GALEGO
O Concello verinés informou sobre as zonas restrinxidas ao tráfico e á circulación de peóns por mor da rodaxe de “Me has robado el corazón”
Esta longametraxe de Ficción Producciones acontece nos entroidos de Verín e Laza e conta con intérpretes e equipo galegos.
Este martes 4 e o mércores 5 veranse afectadas as rúas Amaro Refojo, da Cruz, do Pozo, Merced, Viriato, Traviesa, travesía da Veiga e a praza García Barbón, hoxe, en horario de 9,00 a 15,00 horas, e o mércores, de 8,00 a 15,00 horas.
O 11 de febreiro, martes, haberá cortes na estación de autobuses e nas rúas Espido e das Flores, de 15,00 a 20,00 horas, nas que os buses estacionarán na rúa do Castro, no aparcadoiro libre 4.
Aparición dos cigarróns
Os cigarróns incorporaranse á rodaxe os días 13 e 14 de febreiro, xoves e venres, o primeiro con cortes entre os números 1 e 52 da avenida de Sousas e no aparcadoiro libre 10, de 14,30 a 21,30 horas.
De 22,00 a 02,00 veranse afectadas as rúas Amaro Refojo, da Cruz, do Pozo, Merced, Viriato, Traviesa, travesía da Veiga e a praza García Barbón, os mesmos viais que ao día seguinte, entre as 18,00 e 05,30 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último