Un casting busca entroideiros en Verín para unha nova película

RODAXE SOBRE O ENTROIDO

Aberto un casting de figuración, para todo tipo de persoas e perfís, para rodar unha película sobre o entroido no concello de Verín

Foto de arquivo dun Cigarrón verinés.
Foto de arquivo dun Cigarrón verinés.

Ficción Producciones, responsable de series e películas rodadas en Galicia como “Vivir sin permiso” ou “Operación Marea Negra” vén de convocar un casting en Verín para atopar figurantes para unha nova produción.

Esta película estará ambientada no Entroido verinés, e rodarase na vila durante a primeira metade de febreiro.

O casting, para o que buscan xente de “tódolos perfís”, terá lugar este vindeiro domingo, 19 de xaneiro, na sala de exposicións municipal, de 10:30 a 13:30 horas, e de 15:00 a 19:00 horas.

Contenido patrocinado

stats