Cualedro, Monterrei e Oímbra, unidos pola empregabilidade
OBRADOIRO DE EMPREGO
Os tres concellos da comarca de Monterrei repiten por cuarto ano co seu obradoiro dual de formación "Búbal IV"
O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, participou este luns na casa da cultura de Albarellos xunto aos alcaldes de Cualedro, Monterrei e Oímbra na inauguración do obradoiro dual de emprego "Búbal IV", promovido de novo polo Concello de Monterrei.
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración inviste 420.928 euros na formación, durante nove meses, de 20 alumnos-traballadores en actividades auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e atención sociosanitaria a domicilio.
Pardo explicou que estes programas de emprego e formación teñen por finalidade ocupar a persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social.
Actuacións nos concellos
Entre as actuacións que se levarán a cabo, en Cualedro terá lugar a humanización do entorno da fonte de Lamas e a consolidación de estruturas do Castro de San Millao; en Oímbra instalarase unha pérgola en Espiño e construirase unha beirarrúa no Terrón; e en Monterrei ampliarase o centro de interpretación do viño de Vilaza e o peche perimetral da zona cuberta na área recreativa de Vences.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último