FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
TURISMO
Na xornada de onte o castro de Saceda, no municipio de Cualedro, foi protagonista dunha xornada de valorización dos seus restos celtas. A asociación Xeitura, en colaboración co Concello de Cualedro e a Universidade de Vigo, foron os promotores dunha actividade que comezou ás 11,00 horas da mañá, cunha visita guiada polo arqueólogo Martiño Xosé Vázquez. Arredor de 25 persoas acudiron á ruta. "Xunto co Castelo de Monterrei, a Serra do Larouco, os castros e outro moitos recursos dos que dispomos, o sur de Ourense convírtese nunha das zonas de España con máis patrimonio cultural", afirma o arqueólogo, Martiño Vázquez, que reclama á Xunta que "se involucre na potenciación do castro e do resto de recursos turísticos do sur da provincia".
Para o rexedor co municipio, Luciano Rivero, "debemos seguir potenciando e dinamizando o castro para que se convirta nun verdadeiro atractivo patrimonial e turístico da zona". O alcalde agradeceu "a Martiño Vázquez e á Asociación Xeitura a súa disposición a colaborar coa posta en valor dos nosos recursos patrimoniais" mais tamén quixo recoñecer a boa disposición dos vecinos de Saceda "que non dubidaron en nos ceder todas as terras do entorno do castro para que as xestionara o concello".
Xa pola tarde, a xornada continuou no forno comunal da vila montederrense, onde se celebrou un obradoiro de arqueoloxía experimental e xogos populares para nenos, ao que remataron por se apuntar todos os veciños. No curso dos mesmos, os rapaces aprenderon, da man dos especialistas como era a vida nos antigos castros, a maneira na que os celtas cultivaban as súas sementes e mesmo os cativos chegaron a amasar o seu propio pan.
Ás 18,00 horas comezou o magosto popular, no que foron os asistentes os que se encargaron de levar castañas, viño e chourizos para compartir. Máis de trinta veciños da vila se congregaron a esa hora para disfrutaren desta tradicional festa ourensá.
Un dos xacementos mellor conservados da provincia
Con máis de 2.500 anos de antigüidade, o castro da Saceda é un dos mellor conservados de toda a provincia de Ourense. Trátase do xacemento arqueolóxico de maior transcendencia da comarca de Monterrei e o único de Galicia que dispón da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC).
Historiadores como Antonio Rodríguez Colmenero teñen verificado durante as últimas décadas a transcendencia destes vestixios arqueolóxicos. "Aínda hai pouco tempo se descubriron dous novos petroglifos que temos que estudar e avaliar", informa o rexedor de Cualedro. Durante os últimos anos o consistorio ten presentado diversos proxectos de dinamización á Xunta e ao Ministerio e, coa axuda dalgunhas subvencións, colocou "tres monolitos" en lugares estratéxicos do municipio que fan referencia a tres lendas da zona. "Dispoñen dun código para que os visitantes poidan acceder a través do móvil e descargar as rutas turísticas e un plano dos recursos patrimonios e culturais dos que dispomos", conclúe Rivero.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
"FUTURO VERDE ALTO TÁMEGA"
Los 10 concellos de Monterrei y Conso-Frieiras comienzan a gestionar los fondos Feder
Lo último