Cualedro une micoloxía e patrimonio nunha andaina
CASTRO DE SAN MILLAO
O punto de partida desta iniciativa será o castro do núcleo homónimo de San Millao
O Concello de Cualedro prepárase este vindeiro sábado, 23 de novembro, a partir das 10,00 horas, para unha actividade de balde que combina a arqueoloxía, cunha visita guiada ao Castro de San Millao, e máis un paseo micolóxico.
Máis coñecido como Castro de A Cidá de San Millao, os asistentes poderán descubrir da mans de profesionais os traballos arqueolóxicos executados ata o de agora, pero tamén os que están previstos nesta imponente aldea fortificada datada entre os séculos I a.C. e II d.C.
Posteriormente terá lugar unha andaina micolóxica na que será posible coñecer o mundo dos cogomelos da man dun especialista, e que inclúe unha degustación.
Inscricións
Para participar cómpre inscribirse chamando ao Concello no número 988 424 004. Esta actividade está promovida polo Concello de Cualedro, o GDR Monteval, a Agader, o Feader e o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AHORA SÍ HABLA DE PUENTE
Sánchez respalda a Puente por "dar la cara" y dimitir "por las víctimas": "Dignifica nuestro país"
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 4 de noviembre
INVESTIGACIÓN POLICIAL
El juez reclama identificar al autor de las joyas de Zapatero
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?