INCENDIO DE OÍMBRA
La regeneración de los montes de Laza y Castrelo, más cerca
ALIANZA ENTRE MUNICIPIOS
Tras aliarse hai menos dun mes co fin de optar a unha subvención de fondos Next Generation para a mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga, de novo os oito concellos da comarca de Monterrei (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós, así como dous da lindeira Conso-Frieiras (A Gudiña e A Mezquita) veñen de aprobar esta semana en sesións plenarias extraordinarias a adhesión a un novo proxecto.
Baixo o mesmo nome, “Futuro Verde del Alto Támega”, estes 10 municipios unen as súas forzas para optar a unha senda financieira do Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) dotada con 10 millóns.
Esta achega económica centrarase de novo en proxectos de mellora do abastecemento e saneamento, asi como de renovación das redes, tendo que destinar un 75% a este fin. O 25% restante poderase investir en eficiencia enerxética ou en actuacións con fines sociais.
Verín, a vila cabeceira e de maior poboación, será a encargada de xestionar o proxecto e, no caso de que os fondos sexan concedidos, solicitará a colaboración da Eurocidade Chaves-Verín para o control da execución dos mesmos.
Deste xeito, o importe que recibirá cada concello dependerá da súa poboación, e irá dende os cinco millóns que recibirá Verín ata os 360.000 euros que se achegarían a Castrelo do Val, unhas cantidades das que os municipios deberán achegar o 25%.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIO DE OÍMBRA
La regeneración de los montes de Laza y Castrelo, más cerca
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
Lo último