ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
ENTREVISTA
A piques de acadar os 25 anos de carreira coma cantautor, Rúa contará co acompañamento musical de José Gaioso e Margarida Mariño, así como do Grupo Bulideira e das Cantareiras de Riós.
É Galicia toda ela unha lenda?
As lendas son parte do noso patrimonio cultural, dos máis antigos pola súa pervivencia oral. O meu libro-disco con 36 lendas cantadas tamén tiña por obxectivo preservalas.
Cantará co Grupo Bulideira e coas Cantareiras de Riós.
Malia ter viaxado moito, a miña forma de ser e de pensar está aquí. É un pracer cantar con elas sempre que podemos. Non hai nada como estar rodeado pola xente que realmente coñeces, xente coa que creciches. Compartir algo tan fermoso como a música é bonito, impagable.
Como é a vida do cantautor no século XXI?
Levo escoitando o mesmo desde que comencei alá polo 2000: o cantautor sempre estaba nas últimas. Pasan as épocas e as modas musicales, pero daste de conta que non ten nada que ver a canción de autor que cantamos nós coa que fan os que se chaman a si mesmos cantautores na actualidade. Mentres haxa unha persoa que colla unha guitarra ou un piano e cante cancións que compón, a figura do cantautor nunca morrerá.
O da música vénlle de familia.
Empecei aos sete anos nunha orquestra co meu pai e os meus catro irmáns. Para nós era un traballo, unha forma de gañarnos a vida. Iso marcoume moitísimo. Levo toda a vida na música, 41 anos. Nunca esquecerei cando me subín a un escenario por vez primeira, na aldea de Santa Comba, aquí no Riós. Percorrimos Galicia, Asturias e Zamora. Sen esa experiencia, posiblemente hoxe non sería cantautor.
Cantou con Pedro Guerra, Víctor Manuel ou Rosa Cedrón. De quen ten mellores lembranzas?
Tiven a fortuna de cruzarme con xente de éxito, pero se se fixaron en min foi polo aspecto musical. Cando os compañeiros de profesión o teñen claro, xurden os duetos. Gardo moi bo recordo de Víctor Manuel, sempre se portou ben comigo e fixo todo o posible por que tocara con el sempre, mesmo na súa xira polos 50 anos. E Pablo Milanés abriume as portas da súa casa e estiven a punto de ir actuar á Habana con el.
Cantar en galego, abriulle ou pechoulle portas?
Sempre me abriu portas. Nos certames de cantautores era o único ou case que cantaba nunha lingua distinta do castelán, e aínda así gañei dous deles cantando en galego. Eu simplemente canto na lingua na que penso e na que me sento máis cómodo.
A música en galego toca todos os xéneros.
É unha marabilla, e podería ensancharse máis se dende a Administración se potenciara máis a música noutras linguas no Estado. Tamén me gustaría que os que escoitan estes novos grupos non se esquezan do resto da cultura que hai en galego, que é moi ampla.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas