Escape room e inchables, entre as actividades da ludoteca de Nadal en Verín
SERVIZO DE CONCILIACIÓN
O Concello de Verín pon a disposición das familias o "Lulonadal" para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións
O Concello de Verín, a través da oficina municipal de información xuvenil, vén de abrir o prazo de inscrición para “Ludonadal”, a ludoteca de Nadal da vila dirixida a nenos de entre 3 e 12 anos.
Esta iniciativa da área de Benestar Social busca facilitar a conciliación familiar durante as vacacións de Nadal, proporcionando ás familias un servizo de lecer educativo e divertido mentres traballan.
A “Ludonadal” terá lugar no pavillón de deportes entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro. O horario de luns a venres será de 9,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas, mentres que os sábados só haberá horario de mañá.
O custo do servizo é de 90 euros por tódolos días e horarios, ou de 60 euros só horario de mañá ou de tarde. Taménse pode pagar por día: 15 euros o día completo, ou 8 euros por medio día.
Os cativos participarán en diversas actividades deseñadas para fomentar a creatividade. Así, haberá inchables e obradoiros, xogos de busca como “A procura do agasallo”, contacontos de Nadal na biblioteca municipal, canto de panxoliñas no centro de día, visita do Ratiño Pérez, Escape Room con temática de Nadal, sesión de cine con pipocas, creación e decoración de cartas para os Reis Magos, entre outras.
Inscricións
As persoas interesadas poden formalizar a inscrición ou obter máis información na oficina municipal de información xuvenil, situada na Casa da Xuventude, ou chamando ao 988 414 776.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último