ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PROGRAMACIÓN
Na tarde deste venres abre ata o domingo a Feira de Nadal na Praza Maior, con máis de 33 expositores e obradoiros para a cativada tódolos días entre as 16,30 e 19,00 horas. Hoxe á noite tamén se acenderán as luces das decoracións do Nadal da vila.
No eido cultural e musical destacan a obra de teatro “O auto do Castromil”, o vindeiro 15 de decembro no Auditorio, así como o concerto de Nadal do Conservatorio Profesional de Música de Verín, no mesmo lugar o 20 de decembro. A exposición “Pintura e Tinta” de Pedro Castro, inaugurada onte, estará aberta na sala de exposicións ata o 7 de xaneiro.
O 22 de decembro o Auditorio acollerá a representación “Yallah-Yallah”, e o día 28 terá lugar nel o concerto de Nadal da banda Nova Era, “A un paso dos dez”. Por último, o día 2 de xaneiro celebrarase no pavillón de deportes a Gala de Nadal de Aever.
Os máis pequenos serán os protagonistas do LudoNadal, un espazo de lecer infantil que estará en funcionamento dende o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro. Tamén poderán gozar de espectáculos familiares como “O Apalpador e a Nena sen medo”, o 20 de decembro na Casa da Cultura, ou “Os Bolechas”, o 3 de xaneiro no Auditorio. Cabe destacar que tódalas as fins de semana haberá cinema comercial na Casa da Cultura.
E como non podía ser doutro xeito, os Reis Magos visitarán Verín, cunha gran cabalgata o 5 de xaneiro que percorrerá as principais rúas enchéndoas de cor e música.
No ámbito relixioso, sobresae a Festividade da Virxe María Inmaculada, este domingo, o emblemático Belén da Viruca, que estará aberto ata o 6 de xaneiro, e a tradicional misa do galo na Noiteboa.
O vindeiro 15 de decembro haberá un obradoiro de coroas florais co que se convida á veciñanza a crear decoracións para estas festas. Por outra banda, Aever organiza un pasarrúas temático coa presenza de Papá Noel o día 24, e a súa campaña “Os 6.000 de Verín”, na que o comercio local reparte 6.000 euros en premios, continúa activa ata o 26 de decembro.
O programa complétase con dous espectáculos no Auditorio: o monólogo de Leo Bassi “Yo, Mussolini”, o 14 de decembro, e concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, o 21 de decembro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín