A Eurocidade promoverá as conversas en castelán
idioma
Terán lugar na Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil de Feces
A sede da Eurocidade Chaves-Verín -o antigo edificio aduaneiro de Feces de Abaixo- acollerá un curso de conversa de lingua española impartido pola Asociación Empresarial do Alto Támega. A formación terá unha duración total de 50 horas e realizarase entre o 16 de setembro e o dous de outubro. Será de luns a venres en horario de 14,00 horas a 18,00 horas na Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade e estará dirixido a mozos do norte de Portugal e de Galicia con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos -é requisito ter a educación obrigatoria completada-. Neste senso, búscase chegar a estudantes, desempregados, mozos na procura do seu primeiro emprego e traballadores do sector turístico e da hostalería.
Entre os contidos do programa haberá conversas sobre información persoal, vida cotiá, compras, transporte e servizos ou lugares de interese turístico e actividades de lecer.
Por outra banda, a inscrición estará limitada a un máximo de 20 participantes e aberta ata o vindeiro 10 de setembro no enlace que se atopará na propia páxina web do Concello de Verín.
Para obter máis información, os mozos interesados deberán contactar cos servizos do Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude a través das seguintes direccións: alcidio.jesus@ipdj.pt, emilia.martins@ipdj.pt ou angela.pereira@ipdj.pt.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último