Eva Pérez: "O obxectivo principal será a transparencia cos veciños, o Concello necesita un cambio"
Los nuevos alcaldes
Eva Pérez Gamote é a nova alcaldesa de Vilardevós
Eva Pérez fíxose coa alcaldía de Vilardevós o pasado 17 de xuño, tras un pacto entre PSOE e IGV. A socialista gobernará co apoio deste partido, tras desbancar ao PP, gañador das eleccións. Tres edís socialistas e dous de IGV fronte aos catro do PP. Esta vez, as mulleres son protagonistas: sete mulleres e tan só dous homes na corporación.
Eva Pérez, máis persoal
- IDADE: 43 anos
- LUGAR DE NACEMENTO: A Devesa (Vilardevós)
- PROFESIÓN: Educadora familiar
- ESTUDOS: Diplomada en Educación Infantil
- ESTADO CIVIL: Casada
- FILLOS: 1 filla
- AFECCIÓNS: Natación e lectura sobre a psicoloxía positiva e a educación real
Como acolleu os resultados?
De maneira positiva, a pesar de baixar un concelleiro, despois de un cambio de candidato a 2 meses escasos das eleccións, fixemos un traballo en equipo dende o respecto e dende unha política democrática, os 488 votantes contando con tres candidaturas foron uns resultados satisfactorios.
É a súa primeira vez na alcaldía. Como afronta este reto?
Con moita ilusión e sabendo que temos un gran traballo por diante para facer ese cambio tan necesario no Concello de Vilardevós, o cal vexo factible pero vai custar poñer en funcionamento.
Como é a relación con IGV?
A relación é boa, baseada no mesmo obxectivo e programas moi similares. Partimos dunha experiencia a nivel profesional, ca candidata de Igv, Tamara Balboa, ca que xa tiñamos unha coordinación cando estaba traballando nos servizos sociais. A relación baséase no respecto e na confianza, para chegar ao obxectivo de resolver os máximos problemas da veciñanza.
E o trato coa oposición?
Dende o respecto e o diálogo sempre. A nivel persoal non coñecía á candidata, Adriana Álvarez. Tendinlle a man o día da investidura, para intentar poder sacar adiante todas as necesidades que ten o noso Concello entre todos.
Que obxectivos se marcan?
Contamos cun programa no que priorizaremos segundo as necesidades cas que conta o Concello. Agora dependemos duns presupostos prorrogados, polo que o primeiro é facer unha auditoría, a partir de aí veremos co que contamos e farémolo público, para cumprir co obxectivo principal, que é a transparencia aos nosos veciños.
Botarán man de axudas doutras administracións?
O Concello necesita un cambio, son coñecedora das subvencións que se poden pedir nos organismos e esa é unha prioridade nesta lexislatura. Temos moito traballo para poñer o Concello ao día, contando cos asesores xurídicos para cumprir coa legalidade e transparencia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último