DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
A Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá o vindeiro 7 de abril, ás 11:30 horas, unha videoconferencia da man de Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e Montse Pena, profesora da USC, crítica literaria, escritora e biógrafa de Xela Arias, para dialogar sobre a figura de Xela Arias.
Con este evento, a Biblioteca verinensa únese a serie de recoñecementos que se lle brindarán á autora sarriana durante o presente ano, no que a Real Academia Galega acordou que Xela Arias será a persoa homenaxeada nas Letras Galegas de 2021.
Xela Arias (Sarria, 1962 - Vigo, 2003) está considerada unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, ademais da súa carreira como profesora, editora e tradutora de clásicos.
Na videoconferencia, Víctor Freixanes fará unha breve introdución sobre as mulleres na RAG. Pola súa parte, Montse Pena falará sobre o seu traballo "Intempestiva. Biografía (literaria) de Xela Arias", un estudo da poeta marcado pola heterodoxia dunha muller que non desexaba ser categorizada en correntes ou escolas de ningún tipo.
A cita quedará dispoñible na canle de Youtube da Biblioteca. Ademais, as persoas interesadas en obter máis información sobre a poetisa, poderán facelo no portal web creado para iso pola RAG.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
Lo último