ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
FP DUAL
Esta formación profesional (FP) conta co apoio da Denominación de Orixe (DO) Monterrei, e busca persoas interesadas no mundo da viticultura e na elaboración de viños nesta comarca vitivinícola.
Instaurado o ano pasado, este curso os alumnos do segundo ano xa comezaron e atópanse nas adegas que colaboran coa formación ao atoparmos en época de vendima. Sen embargo, o prazo para matricularse na nova promoción, con 12 prazas dispoñibles, aínda está aberto ata o vindeiro 27 de setembro.
Maite González é a coordinadora de FP dual e da relación coas empresas do García Barbón, e considera que esta formación é interesante “dende o punto de vista de que permite comezar a traballar en empresas da contorna, xa que todas son adegas que pertencen á DO Monterrei, e este sector ten unha gran necesidade de perfís profesionais cualificados”.
Para González, este ciclo medio dual permite “compaxinar a formación no centro educativo con prácticas nas adegas, un tempo durante o que estarán dados de alta na Seguridade Social e teñen unha beca por parte das máis de dez adegas participantes que corresponde á metade do salario mínimo”.
A coordinadora do IES anima a matricularse a “tódolos interesados, xa que é unha boa oportunidade para formarse no sector do viño e seguir traballando nel”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último
CUATRO COCHES IMPLICADOS
Cinco heridos y un coche a la fuga después de causar el accidente urbano en Santiago de Compostela