Un foro analizará en Verín o valor para o turismo dos lagares
cultura
Será aberta ao público e terá lugar ás sete da tarde no Museo Claustro dos Mercedarios
O valor e o aproveitamento turístico dos lagares rupestres en toda Europa será obxecto de análise e debate por expertos internacionais hoxe sábado no Museo Claustro dos Mercedarios, en Verín. Ás sete da tarde, e aberta ó público, terá lugar unha mesa redonda no Salón de Actos onde se debaterá o futuro deste importante vestixio do pasado como recurso para o desenvolvemento turístico.
Dous novos países, Italia e Creta, adheriranse á Rede Internacional de Lagares Rupestres no acto de Verín, no contexto do II Foro Internacional desta especialidade que acollerá o Museo Claustro Mercedario na vila do Támega. A mesa redonda, dirixida polo enólogo Luís Paadín e integrada por importantes expertos internacionais, abordará "o valor patrimonial, turístico e de identidade dos lagares rupestres", afondando no valor como recurso destas pezas únicas no mundo da produción do viño.
Intervirán Luís Vicente Elías como presidente da Asociación Lagares Rupestres de España (Doutor en antropoloxía), Augusto Sequira como presidente da Asociación en defensa de los Lagares Rupestres de Portugal, Asunción Martínez, vicepresidenta (Doutora en Arqueoloxía) e Julio Grande, secretario xeral (Licenciado en Humanidades).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"FUTURO VERDE ALTO TÁMEGA"
Los 10 concellos de Monterrei y Conso-Frieiras comienzan a gestionar los fondos Feder
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
Lo último
REGULARIZACIÓN DE MIGRANTES
¿Votan los migrantes en las elecciones? Qué dice la ley y por qué el debate ha vuelto al centro de la política
ANTECEDENTES PENALES
Paliza y condena por una copa negada en la avenida de Marín en la Nochevieja de 2021