DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
Tras o éxito do pasado ano, o Concello de Monterrei decidiu volver a organizar a Festa da Vendima, que volverá a encher o Castelo de Monterrei de ambiente, tradición e viño. Así, celebrarase a segunda edición desta cita comarcal o próximo 14 de outubro na entrada da fortaleza.
A cita busca promover a riqueza vinícola, patrimonial e turística da comarca de Monterrei, pero ademais, tamén poñer enn valor as tarefas vinícolas como se realizaban hai décadas: co transporte das uvas nos carros cos machos e o pisados das mesmas, entre outras prácticas para a confraternización. Esta romaría tamén traballa para o impulso da economía local, polo que contan cunha feira de produtos agroalimentarios da contorna.
Baixo esta premisa, a segunda edición desta Festa da Vendima, que quere consolidarse na axenda de actividades comarcais, comezará ás 11,30 horas coa apertura da feira agroalimentaria. Será ás 12,00 horas cando comezará o folión dos carros cargados das uvas dende o bacelo do Antigo Convento dos Franciscanos -a finca do Inorde- ata o epicentro da Festa da Vendima, acompañados de gaiteiros e cantos tradicionais.
Co pisado de uvas quedará inaugurada a festa e pasarase ao desfrute dos presentes. Como non podía ser doutra maneira, a música non faltará. A partir das 13,00 horas, o Castelo acollerá a actuación dos grupos tradicionais Castro Floxo, Rancho Portugués e Gaiteiros de Flariz. Pola tarde será a quenda de bailar co grupo A Roda.
Os veciños e visitantes poderán tamén desfrutar dun xantar popular con porco ao espeto e degustación do viño da DO Monterrei por un prezo de 5 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
Lo último