MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
OBRAS DE MELLORA
O alcalde do Concello de Laza, José Ramón Barreal, acompañado polo concelleiro Sergio Boo, desprazouse esta semana ata Santiago para manter unha reunión con José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, co fin de coñecer de primeira man a situación do proxecto de arranxo da igrexa lazá de San Xoán.
O conselleiro informou aos representantes de Laza de que nestre intre atópase en concurso a redacción do proxecto, e de que unha vez conclúa este proceso, sairán a concurso as obras de forma plurinual. Deste xeito, a primeira fase, que consistirá no cambio da cuberta e a impermeabilización da igrexa, desenvolverase ao longo do ano 2025.
Asimesmo, López Campos durante o encontro tamén adquiriu cos representantes de Laza o compromiso de visitar San Xoán en próximas datas, aproveitando para anunciar as fases de execución dos labores de mellora da igrexa.
O anterior titular da carteira de Cultura, Román Rodríguez, xa visitara o templo en Laza e comprometérase a colaborar nas obras de mellora, polo que o alcalde Barreal buscaba retomar este proxecto co novo conselleiro tralas eleccións autonómicas, celebradas durante o pasado mes de febreiro.
O Concello de Laza busca así avanzar nas obras de acondicionamento do entorno da igrexa antes de proceder a acometer as do seu interior.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último