CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
PLAN COOPEROU
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado polo alcalde, José Manuel Barreal, ademais de por membros da corporación local, visitou onte en Laza algunhas das obras que están en marcha, tanto no marco do Plan CooperOU como das axudas aprobadas polo Goberno provincial.
O programa de investimentos ten ata o de agora comprometido máis de 1,2 millóns de euros para este municipio. “O presidente Menor comprobou que o que se inviste nos concellos emprégase para un bo fin, e agradézolle persoalmente que a Deputación aposte por Laza”, afirmou Barreal.
O presidente do ente provincial comprobou asimesmo as obras que está a executar o Concello para a restauración do muro de contención entre a rúa Zapateiros e a praza da Picota, cun investimento de 30.000 euros.
Tamén visitou o acceso ao patio de manobras da base do GES, cun custo de 38.000 euros e a cuberta da pista de pádel, que ascendeu a 42.642,17 euros, así como o núcleo da Retorta, onde coa axuda da Deputación e da Comunidade de Montes estase a renovar o pobo en materia de saneamento, abastecemento e pavimentación, “deixando a este núcleo como exemplo de recuperación no rural e con gran satisfacción da súa veciñanza”, explicou Menor.
O Plan Provincial de Cooperación CooperOU prevé 823.153,17 euros ata 2027 (823.153,17 euros), pero está contemplado que a Deputación colabore na construción da residencia de maiores con 252.000 euros, así como en futuras obras realizadas en cooperación con outras administracións, como a Xunta de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
PRODUTOS GALEGOS
Aposta firme por viños de calidade
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Lo último