Laza sairá en busca do maio no primeiro día do Santo Cristo
TRADICIÓN
O Santo Cristo de Laza arranca a súa edición deste ano este venres ás 23,00 horas
Os presentes irán na noite a buscar o “maio”, un piñeiro de grandes dimensións, sobre ás 23,00 horas. Os interesados veranse na praza da Picota e, acompañados pola música do grupo “Os Chimpafigos”, achegaranse á zona do Regueiro Seco.
O transporte de volta da árbore será nun carro tradicional. O sábado erguerase o maio no seu emprazamento na praza da Picota da vila lazá.
A festa do Santo Cristo ten orixe nos antigos ritos paganos que rendían culto á primavera, e que despois foron cristianizados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio