INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
500.000 EUROS
La Xunta de Galicia anunciou este xoves a inminente adjudicación das obras de restauración da torre campanario da igrexa de San Salvador de Vilaza, en Monterrei. A actuación contará cun orzamento próximo aos 500.000 euros e un prazo de execución de 12 meses desde o seu inicio, co obxectivo de resolver os problemas estruturais do inmoble e garantir a súa conservación a longo prazo.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou durante a súa visita ao templo que esta intervención “responde á nosa responsabilidade coa protección, mantemento e posta en valor dos bens patrimoniais en toda a Comunidade, un legado que deixaremos para as xeracións futuras nas mellores condicións”. Acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, subliñou tamén “o compromiso coa provincia de Ourense coa conservación do patrimonio, tanto o vencellado á arquitectura como o que ten que ver coa arqueoloxía”.
O proxecto contempla a reparación dos danos estruturais que presenta a torre, de 17,7 metros de altura e construída en granito, que sofre importantes grietas, perda de material pétreo e problemas de estabilidade. Entre as medidas previstas figuran a recolocación da esquina superior das fachadas noroeste e suroeste, a substitución dos forxados e escaleiras interiores de formigón por estruturas de madeira, a instalación dun sistema metálico de atirantado e o sellado de fisuras con mortero de cal.
Ademais, procederase á restauración das campás e o reloxo, á rehabilitación de elementos escultóricos singulares da igrexa e á instalación dunha nova rede eléctrica, iluminación e pararrayos; ademais de mallas antipáxaros para protexer e evitar que entren as aves no interior.
A igrexa de San Salvador de Vilaza formou parte dun mosteiro baixomedieval documentado desde o século XII e vinculado ao obispado de Ourense. A torre, de planta cadrada que se estreita en altura, conserva elementos románicos orixinais, aínda que presenta tamén engadidos barrocos e contemporáneos froito de remodelacións posteriores.
O templo, que mantén a súa portada románica, sufriu transformacións desde o século XVI —cando pasou a mans dos xesuítas de Monterrei— ata o XVIII, etapa na que adquiriu o aspecto barroco predominante na actualidade.
Con esta intervención, a Xunta pretende garantir a estabilidade da torre e tamén recuperar o valor patrimonial, estrutural e estético dun conxunto considerado un dos exemplos máis notables do románico na comarca.
Esta actuación súmase á rehabilitación da igrexa de San Pedro de Flariz, tamén en Monterrei, onde a Xunta destina outros 500.000 euros. Segundo López Campos, ambas iniciativas reflicten unha estratexia global de conservación: “Esta intervención en Monterrei únese á que xa temos en marcha, facendo fincapé no compromiso coa provincia de Ourense”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último