ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
OBRADOIROS
O Concello de Castrelo do Val anunciou a celebración de dous obradoiros dirixidos a mulleres en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM), que depende da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.
O primeiro deles tratáse dun obradoiro de coidados naturais que se desenvolverá os días 5 e 12 de setembro, en horario de 17,00 a 20,00 horas.
Por outra banda, ao mes seguinte haberá un obradoiro de elaboración de conservas vexetais, concretamente os días 16, 17 e 18 de outubro ás 17,00 horas.
Ámbalas dúas actividades están organizadas polo CIM de Verín no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero 2024, unha iniciativa que nace do Ministerio de Igualdad.
Os talleres teñen como obxectivos principais o aproveitamento dos recursos existentes, reducir o estrés, aumentar o coñecemento da contorna e mellorar a motricidade e a creatividade.
Os dous obradoiros terán lugar na nave do Concello, e para inscribirse cómpre chamar ao teléfono 988 419 002.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
2019, SU PRIMERA GRANDE
Pogacar vuelve a La Vuelta siete años después y busca conquistar el maillot rojo
CUATRO MUNICIPIOS EN RIESGO
Alerta por riesgo de nube tóxica tras el incendio en una planta de residuos en Zamora