FERIA VITIVINÍCOLA
El 39º Salón Gourmets de Madrid, nueva escaparate de la D.O. Monterrei
ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS
O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Verín, un servizo que presta atención aos concellos da comarca, deseñou unha completa programación para o vindeiro luns, 25 de novembro, día internacional da erradicación da violencia de xénero, con varias actividades reivindicativas.
Ese día, ás 12,00 horas, terá lugar a concentración comarcal frente ao Concello verinés, no que se lerá o manifesto do 25N, dinamizado polo CIM e as ONGs da contorna.
Ademais recrearase a obra “Zapatos vermellos”, baseada nunha exposición de Alina Chauvet, que representa ás mulleres que xa no están por ser vítimas de feminicidios, e que vén recreando en centros educativos de Monterrei.
Tamén se presentará a campaña de sensibilización “Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres”, co reparto de 600 bolsas deseñadas polo CIM.
Estas iniciativas únense á campaña de información e sensibilización sobre a violencia de xénero e os recursos de apoio que este servizo brinda a tódalas mulleres e familias que sofren esta lacra, e que buscan ser mecanismos de prevención contra as violencias machistas no futuro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FERIA VITIVINÍCOLA
El 39º Salón Gourmets de Madrid, nueva escaparate de la D.O. Monterrei
COLAPSO DE LA ESTRUCTURA
Arranca la limpieza del cauce del Támega en la “presa mai”
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Ourense brilló en MasterChef?
Lo último