ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
APICULTURA
A Asociación Galega da Apicultura (AGA) fai entrega anualmente dos galardóns aos mellores meles de Galicia en distintas categorías, e na edición de 2024 premiou o produto de Abella Obreira, producido en Riós, e de Aialma, elaborado en Souteliño, Laza.
Así, na categoría “Mel de Bosque”, Abella Obreira, de David Souto Gago, acadou o primeiro posto, mentres que Aialma, de José Antonio Pazos, foi o segundo clasificado. Ámbolos dous produtores son habituais, ano tras anos, dos galardóns que entrega a AGA, así como noutros certames nacionais e internacionais.
Non obstante, Aialma tamén acadou galardóns a nivel galego noutras dúas categorías, ao ser recoñecido como o terceiro mellor “Mel de Castiñeiro”, e obter o primeiro posto na categoría de “Deseño e etiquetaxe”.
Para David Souto, que leva con Abella Obreira dende 2012, estes recoñecementos reflicten “a calidade do mel que temos na comarca”, e asegura que no seu caso “este pasado ano producimos un produto que sabía como o de antiguamente”. En todo caso, na súa opinión o mel de Monterrei “valórase máis fóra que aquí”.
Pola súa banda, José Antonio Pazos, cofundador de Aialma con Lucía Parente, coincide en definir o mel da comarca como “impresionante”, e agradece os premios “aos nosos meles e ao noso deseño. Facemos sempre un manexo respectuoso coas nosas queridas abelliñas, e iso nótase”, conclúe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
OURENSE AFRONTA LOS RECORTES
Jácome admite el fiasco de su envite con el presupuesto
PRIMERA FEB
COB, kilómetro cero
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquella entrevista a Jaime Noguerol, periodista adelantado de aquel tiempo
LA SEQUÍA APRIETA EL RURAL
Cortegada estrena cortes de agua nocturnos por la escasez