INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
ENTREVISTA
Con 13 anos escoitou ás pandeireiteiras da Costa da Morte, e con 17 comezou a percorrer Galicia recollendo a música e tradicións do pobo galego. Este venres actúa na praza García Barbón de Verín, a partir das 00,00 horas, con motivo da XVII Feira do Viño Monterrei.
Verín púxolle o seu nome a unha das aulas do conservatorio da vila. Como se levan estas homenaxes en vida?
Pois por unha banda síntome agasallada e, por outra, maior (risas). Por outra banda creo que é moi importante que se poña á vista da xente nova as músicas do noso país. Eu fago música de autoestima cultural, son autora dende o mergullamento da creación colectiva dos microhábitats. Voei libre grazas a ese coñecemento, iso fainos singulares e esas ferramentas téñenas á man e son únicas e orixinais. Adíqueste á música ou non, estas linguaxes fan que teñas unha visión do mundo fóra do centro, que sempre é moi limitante.
A música actual galega volveu ollar para o raigame, pero vostede xa fixera iso e moito máis sendo moi nova. Pensa tamén que manter a nosa música popular viva non é cuestión de preservación, senón de transmisión?
Totalmente, e moito máis. De feito creo, como dicía anteriormente, que eses coñecementos non serven de nada sen a vivencia, a vivencia a través do transo en comunidade. Iso fai que teñamos nas nosas vidas algo fóra da presión do día a día. Diso sabe moitísimo a xente vencellada ao entroido, a percusión cos ternarios, o exceso en comunidade, etc. Non estamos a falar de algo estanco, falamos de ferramentas para ser máis libres.
Unha das súas facetas que máis me interesa é a de compositora para televisión ou cinema. Como é crear o panorama sonoro dunha peza audiovisual que aínda non existe?
Pois dá bastante vertixe pero é moi emocionante e creativo. Encántame mesturarme coa idea e o mundo creativo doutra persoa que confía en min para ese propósito. A música xorde arrastrada pola emoción da imaxe, ou da imaxe que me provoca un guión, e así pouco a pouco vas aportando á dirección o que se precise. A nivel musical entendo a banda sonora como un todo, os ruídos, as voces, etc., buscar os ocos onde imprimir emoción, ou tomar o protagonismo para afastar a imaxe. Todas as películas nas que participei foron moi enriquecedoras para min, e estou moi leda de ter aportado o meu gran de area. E o máis importante é que as directoras estean contentas co resultado.
Non podemos quedar sen falar da situación da lingua galega falada, en contraposición co uso no eido cultural, pois semellan levar direccións totalmente opostas.
Totalmente de acordo. A xente que falamos, eu diría que o 100%, falamos o galego dende un lugar central, iso conseguímolo maioritariamente por decisión propia, pero non por inmersión. A inmersión só pode ser se normalizáramos o uso dela, e esa normalización ten que facerse dende a institución. Obviamente non existe esa intención. Eu estou convencida de que as persoas que habitamos Galicia, con só oito anos de amor e bo facer dende as institucións, mudaríase esta situación de extinción á que nos están levando. Aínda así é precioso habitar este lugar de resistencia, porque non hai dúbida de que estamos nun lugar adecuado.
Por último, sei que vostede non fuxe das preguntas que outros considerarían incómodas. A súa obra é eminentemente política, como todo neste mundo. Que lle produce o que está a acontecer ultimamente nesta aldea global na que vivimos?
Como contestar a algo tan complexo? Se fora unha aldea iriámolo arranxando colectivamente, pero ese non é o caso. Eu teño fe na xente, pero neste momento non vai ser. Ao mellor haberá que esperar 1.000 ou 2.000 anos para que isto mude, polo de pronto teremos que posicionarnos nos nosos entornos para que poidamos deixar unha conciencia mellor para as novas xeracións, e que o mundo vaia mudando cara a non violencia, para que haxa sanidade para todas as persoas, para que non haxa fronteiras, etc. Hannah Arendt tiña fe na política, e seguramente esa sexa a maneira de arranxar, pero teremos que ter un alto nivel de conciencia para decidir non volver actuar así nunca máis.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
O paseante de librerías
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Ano novo, vida nova?