Monterrei urxe aos veciños a que desbrocen como prevención contra os incendios
BANDO MUNICIPAL
Deberán desbrozar arredor de aldeas e vilas ata a distancia que marca a normativa, a menos de 50 metros das aldeas ou outras edificacións illadas
O Concello de Monterrei lembrou á veciñanza a través dun bando da obrigatoriedade que teñen de xestionar a biomasa de todos os terreos que estean situados a menos de 50 metros das aldeas ou outras edificacións illadas.
Esta medida vén notificada en cumprimento da Lei 03/2007 de defensa contra incendios forestais, que por desgracia afectan todos os anos con especial virulencia á comarca de Monterrei.
Os propietarios destes terreos deberán desbrozar arredor de aldeas e vilas ata a distancia que marca a normativa, co fin de prevenir e evitar males maiores no caso de lumes.
O Concello marca como data límite o próximo 31 de maio para a realización das rozas de estrume, eliminación de pés de piñeiros, eucaliptos e acacias, e tamén o rareo e degallo polo baixo dos pés do resto de especies. Do contario, os propietarios poderían ser sancionados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último