O Museo de Verín amosa nas redes a súa colección
CULTURA
Con esta proposta, que xa está en marcha, estanse a realizar diversas publicacións nas redes sociais do espazo coas que se pretende achegar ao público e á veciñanza a historia de cada utensilio
Co obxectivo de xerar un foro de debate, recuperar a nomenclatura antiga da contorna e facer máis amena a corentena na comarca de Monterrei, os responsables do Museo Claustro Mercedario de Verín irán amosando, unha por unha, as pezas da colección A Lareira.
Con esta proposta, que xa está en marcha, estanse a realizar diversas publicacións nas redes sociais do espazo coas que se pretende achegar ao público e á veciñanza a historia de cada utensilio. Búscase, do mesmo xeito, fomentar a participación dos usuarios para que compartan, a través dos seus comentarios, dende o nome que recibía cada obxecto na súa localidade de orixe, ata calquera anécdota que desexen dar a coñecer.
Deste xeito, o Museo Claustro poderá continuar coa súa actividade divulgativa dunha maneira virtual, involucrando aos veciños na defensa do patrimonio. Cada luns, entre os usuarios que comentaran a semana anterior algunha destas publicacións aportando datos, o Museo de Verín sorteará exemplares de "Historia de Verín en 100 obxectos".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
Lo último