O Museo de Verín suma máis de 27.100 visitantes
Turismo
Dende a súa recente reapertura, o pasado 29 de xullo, a mostra congregou a 182 visitantes, sumando 27.100 dende a súa inauguración, no ano 2017
O Museo Claustro Mercedario de Verín foi un dos espazos que a pandemia do covid obrigou a pechar. Dende a súa recente reapertura, o pasado 29 de xullo, a mostra congregou, en total, a 182 visitantes, sumando 27.100 dende a súa inauguración, no ano 2017.
Unha das actividades que se están a realizar dende o espazo son as visitas guiadas de aforo moi reducido cos menores da comarca. Nelas aprenden sobre a tradición do contrabando na raia, as orixes das caretas do cigarrón, a importancia do viño para a sociedade, cales son as aves que viven nos montes e os seus nomes autóctonos. Do mesmo xeito, poden ver de cerca o antigo proxector do cine Buenos Aires e descubrir a importancia que tivo o cinema para o desenrolo do ocio na vila verinesa.
Para as visitas habituais, o museo estableceu un percorrido que evite as aglomeracións. Os coordinadores da mostra piden responsabilidade aos visitantes e atención ás indicacións do persoal á vez que os animan a acudir ás instalacións -de mércores a sábado- sen medo e con total seguridade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
Lo último