O musical do Chivite de Verín chega ao Auditorio de Ourense
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Ofrecerá unha representación este martes no Auditorio ourensán, grazas ao apoio recibido pola secretaría xeral da Lingua
“Mil estrelas, musical de musicais” é o oitavo musical do Instituto de Educación Secundaria e Bacharelato (IES) Xesús Taboada Chivite de Verín, e o primeiro con guion orixinal, e combina catorce números doutros doce grandes musicais.
Durante a actuación, de 11,00 a 13,00 horas, está prevista a presenza de máis de 900 alumnos de distintos centros de Secundaria e Bacharelato de toda a provincia que, xunto con 58 profesores acompañantes, desfrutarán das dúas horas do musical do Chivite, que desprazará a Ourense a máis de 60 persoas, entre docentes e alumnos intérpretes.
Alén de ser unha actividade de normalización lingüística, o espectáculo estará signado en Lingua de Signos Española (LSE) polas dúas intérpretes do centro verinés, e que diariamente acompañan a unha das alumnas do Chivite, que tamén participa no musical.
Por este motivo, ademais dos estudantes e das distintas autoridades da Xunta e dos equipos de dinamización e normalización da lingua galega que fixeron posible esta actuación, tamén acudirá ao Auditorio público da comunidade xordomuda ourensá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último