INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
REPRESENTACIÓN TEATRAL
O instituto Xesús Taboada Chivite de Verín representou onte con orgullo no Auditorio ourensán o seu primeiro musical orixinal, “Mil estrelas, musical de musicais”.
A obra, cun libreto do profesor David Rodríguez Rivada, é froito dun ano de traballo do alumnado e profesorado dun centro que non é coma os demais, algo que quedou demostrado no escenario da capital.
</nav> </header> Estudantes e profesores de centros da cidade encheron as butacas xunto a socios da Asociación de Personas Sordas de Ourense, xa que a obra estivo signada en lingua de signos, grazas o labor das dúas intérpretes do Chivite, Carolina Fernández e Irene Pazó, e dunha alumna, Samay Jiménez.
“Mil estrelas” recopila cancións de musicais ben coñecidos, clásicos como “Bailando baixo a chuvia” ou “West Side Story”, e outros actuais, coma “Billy Elliot” ou “La La Land”.
O guion xoga co teatro dentro do teatro, e homenaxea a todos eses heroes anónimos, esquecidos, sen os que ningunha obra humana sería posible: a limpiadora, o acomodador ou o vendedor de billetes.
O fío condutor é a historia do protagonista, Roi, un rapaz que soña con convertirse en artista de ballet, pero que choca co seu pai, Manolo, un tipo doutro tempo e que non respeta á muller. Ao longo da trama, a rotura da cuarta parede é constante, unha excusa para abordar moitos temas que son obxecto de debate na actualidade.
Así, a crítica social sobrevoou cada escena, pero dun xeito retranqueiro. Non quedou cuestión sen tratar, dende o feminismo, o rol da muller, a loita pola mellora das condicións dos traballadores, a idealización dos tempos pasados e os conflitos interxeracionais entre xóvenes e maiores.
O público rachou a rir unha e outra vez, completamente abraiado e emocionado ante o espectáculo que ofreceron os alumnos cantando e bailando, que expuxeron non só o traballo do último curso, senón o resultado de levar máis dunha década apostando polo teatro como forma de facer instituto.
Un método inclusivo, no que integran a todo o alumnado que, grazas aos musicais, superan moitas das barreiras coas que se atopan no día a día: expresan os seus talentos, aprenden novas habilidades, interactúan cos profesores nun ámbito máis informal, como pode ser no coro, e ademais mestúranse entre cursos.
Todo son vantaxes para este pequeno Broadway escolar, no que todos se sinten parte dunha obra común.
Alén disto, os musicais do Chivite, do que “Mil estrelas” é o oitavo, son unha poderosa ferramenta de dinamización e normalización lingüística, pois dende o ano 2015 apostaron polo galego, traducindo e adaptando as letras.
De feito, as consellerías de Educación e Cultura tiveron onte numerosa representación no Auditorio de Ourense, que acabou rendido ao musical do Chivite.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último